barulladas

martes, abril 24, 2007

O Burro


Este é o noso Burro, sempre me pareceu curioso que nunca tivo un nome, simplemente era e é o Burro. Así como as vacas sempre se lle chamou dalgunha maneira, o burro non. O porqué non che sei... Por exemplo nomes de vacas que eu recorde foron: a rubia, a linda, a pinta, a careta, a jallarda, a toura, a loura, a teixa, a xovenca, a paloma... E de cans: pancho, fidalgo, trosky, laica, ney, chispa, toby, casquete... Supoño que o burro foi Burro porque só houbo un e non había que diferencialo. Non sei canto pode chegar a vivir un Burro, pero éste eche moi vello, vamos... eu recordoo de toda a vida. Sempre cargado coa herba ó lombo...e cunha mirada que semellaba triste...eso sí patear patea ben... Unha raza en extinción, un animal característico das nosas aldeas, e que me recorda moito a infancia... Un día pola costa que vai da casa do Barqueiro en Vilar ata Souto subimonos nun burro tres fedellos, non lembro canto tempo aguantamos alí enriba só sei co final rematamos os tres no chan...¡pobre burro! tempos aqueles...

Etiquetas: ,

miércoles, abril 11, 2007

Feliz cumpreanos Papá!!


Quen merece máis ca el dun pequeno oco na rede no día do seu 66 cumpreanos. Por ser un verdadeiro traballador, por dicir sen palabras todo o que unha necesita saber, por mostrar sempre un apoio, e por ser meu pai.


"Corría o ano 1974. Tras regresar de Francia, onde él traballou nun lugar preto de París, chamado Poissy, naquelas condicións que só os emigrantes coñecen, Ramón volvía a Galicia. E foi naquel ano, cando tralas duras batallas sufridas lonxe da casa, e despois de todo o traballado e por suposto aforrado, chegou a Compostela e comezou a carreira máis longa da súa vida, a de taxista. Con esa "Licencia Municipal de Auto-taxi nº 44", da que fora propietario anteriormente un tal Marcelino Vazquez Bello (segundo di o documento expedido dende o "Excm. Ayuntamiento de Santiago de Compostela a fecha de 17 de mayo de 1974"), Ramón fixo milleiros e milleiros de Kilómetros (chegando nunha viaxe ata Suíza). Dous anos máis tarde casaba con Celsa, miña nai, na Igrexa Parroquial de Santo Tomé de Insua (Vila de Cruces) de onde os dous eran naturais... ó resto da historia foi facéndoa o amor."


O da foto é un de tantos coches que foron taxis nº 44, penso que este é un 504, pero igual alguén que entenda máis pódeme correxir. O que descrubín con esta foto é que os taxis en Santiago antigamente eran negros! cando na actualidade son brancos... unha curiosidade...