barulladas

lunes, noviembre 06, 2006

O MAGOSTO EN DUXAME


"Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto"
A verdade é que os galegos somos festeiros onde os haxa, porque sempre temos escusa pra facer unha festa. Este venres, en Duxame, tiven a oportunidade de vivir unha desas festas que non se perden e que teñen algo de lembranza de vellos tempos e de unión entre os veciños, digo esto polo significado que ten en sí o magosto e que buscando pola rede atopei..contovos:
"O magosto trátase dunha comida comunitaria e ritual que reforza os vencellos comunitarios do mundo rural galego; ten un carácter alegre e de acción de gracias polos froitos recolleitos, así coma de homenaxe ós castiñeiros e as castañas (certo é porque pra xuntar en Duxame a máis de 120 persoas pa cear e comer castañas.. e o de carácter alegre, pra iso só fixo falta escoitar o dúo "Patxi e cia"jeje). Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos. Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio. Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos." (Interesante, non sí?)

5 Comentarios:

  • At 2:26 a. m., Blogger Paco Penas said…

    "Castro Usiame"
    Se non fose de Dorvisou, non me importaría ser de Duxame...jeje.
    Coido que xa tiñas deixado algún mensaxe anterior no meu blog.
    Alégrome de atopar este blog i espero que sigas escribindo moito.
    Un bico.

     
  • At 6:44 p. m., Blogger paideleo said…

    Benvida a este mundiño.

     
  • At 1:26 a. m., Blogger Mercedes Seixo said…

    ola paideleo, encantada de que te achegues polo meu novo e recén estreado blog, tamén xa me acheguei o teu. un saúdo

     
  • At 5:38 p. m., Blogger Muinho de San miguel said…

    Yo de niño tengo entrado varias veces en esa taberna, veraneabamos en San Miguel(Duxame). Un poco mas adelante estaba la ferreteria

     
  • At 3:59 p. m., Blogger Mercedes Seixo said…

    non sei muinho se te refires o mesmo sitio. un saúdo

     

Publicar un comentario

<< Home