Do "Extrarradio" ás "Quimbambas"
Case podería asegurar que durante 4 anos de carreira non aprendín tanto, nin vivín tanto o que significa a profesión de xornalista como o fixen este vrau pasado traballando no "Extrarradio" (programa dos fins de semana da Radio Galega), a experiencia foi xenial e a xente ca que me atopei tamén, debería agradecerlles todos esos días de traballo na radio, así como as nosas saídas co programa a diferentes sitios de Galicia: Caldas, Boiro, Porriño... e Viveiro(jeje esa foi a mellor ¡esa romaría do Naseiro!). A miña despedida do "Extrarradio" foi o 30 de setembro.. pero agora polas maravillosas voltas que da ás veces a vida regreso con máis gañas que nunca a Radio Galega, e para facer todo o mellor que poida o meu traballo, múdome o programa das tardes "As Quimbambas" e con moita ilusión comezo este ano de traballo, coa ilusión de aprender moitísimo máis e coñecer a fondo o espectacular mundo da radio... porque este medio ten algo especial...sí...estou convencida. A radio chega a nós alá onde estemos e sempre temos esa compañía misteriosa, esa cálida voz de alguén que máis lonxe ou máis preto de nós esta desexando que a escoitemos...
Próximo destino RADIO GALEGA, parada "AS QUIMBAMBAS":
As Quimbambas é o magazine que nos acompaña cada tarde na Radio Galega. A nosa meta é a de ser a mellor compaña, un punto de referencia para o entretemento, a diversión e a información. Un tempo de radio no que todo ten cabida, desde as entrevistas a persoeiros de actualidade até os faladoiros.
Na nosa vocación de ser tamén un servizo público temos seccións semanais para temas de interese xeral coma os maiores, a saúde, o consumo ou as fraudes. Estamos sempre á última para falarlles dos espectáculos teatrais, do cine e da música que andan por Galicia. Da imaxinación do noso equipo pode xurdir calquera cousa, desde o humor até un divertido concurso. Con estes ingredientes e moitos máis estamos cada tarde acompañándoos na Radio Galega de luns a venres entre as cinco e as oito.
Susana Rois conduce o magazine.
5 Comentarios:
At 9:42 p. m., Paco Penas said…
Vaia casualidade, eu tamén colaborei en dous programas de radios locales no sur de Tenerife. A primeira vez foi nun programa que se chamaba "o buzón do poeta" e máis tarde noutro "a tanquilla". No primeiro, xunto do meu amigo Marco, tíñamos o nosos dourados minutos para falar do tema do día e tamén facíamos a selección de múseca. Na Tanquilla había un debate no que se falaba do humano e do divino, cada día había unha serie de contertulios, por alí pasaban curas, políticos, artistas, putas,drogaditos...
A verdade é que foi unha experiencia
desas que marcan , gustaríame voltar a facelo...pero o meu tempo libre non mo permite.
Intentarei escoitarvos pola rede.
Un biquiño.
At 12:20 a. m., Mijelito said…
Hola,
Felicidades polo novo chollo na "arradio" (este e o nome que usamos os da burguesia) sempre esta ben traballar do que un estudiou. Eu sacaba sobresaintes en relixión e non me deixaron ser monxa, pero que lle imos facer.
A ver se unha tarde destas acerto cos Megaherzios e lle boto unha orella ó programa. Xa aproveito pra pedir a de Aquarius de Raphael e dedicarlla a toda a xente que coma min fala inglés con gheada e seseo.
Antes de despedirme un consello, pide pronto ascenso e aforra pra regalarme unha "amoto".
Un abraSo.
At 1:12 a. m., Mercedes Seixo said…
Dorvisou, alegrame saber q ti tamén tes relación co mundo da radio, a verdade é que algo que engancha. e nada xa sabedes que na rede podedes escoitar programas que xa se emitiron,e tamén radio en directo, todo iso na páxina da radio galega. uN SAÚDO PRA ESSAS TERRAS DO SUR.
At 1:15 a. m., Mercedes Seixo said…
ola mijelitoooo! como me alegro q visitaras o meu blog!jeje,gracias a verdade é que tiven moita sorte de volver a traballar na radio.a ver se é verdad é escoitas o programa, ti que fuches un dos meus primeiros entrevistados!!E a ver cando te volves dar un voltio polas terras de touro e botamos unha bailaa!!bikoss
At 1:18 a. m., Martin Pawley said…
Olá, compañeira! Canto me alegra lerte aquí na rede! Moita sorte nesta nova etapa nas Quimbambas
Publicar un comentario
<< Home