ABRAZOS...
Abrazos gratis! eso é o que fai en Barcelona, e en máis cidades repartidas por todo o mundo, unha especie de asociación na que persoas voluntarias se adican a pasear pola calle regalando abrazos a xente q os quere.. en fin.. .. a verdade é q a iniciativa é bonita.. pero di tanto da triste realidade... faltos de afecto... a xente agradece o abrazo dun completo descoñecido...
Está claro que unha boa aperta alegra a calquera, pero máis cando vén da persoa que queremos. Supoño q todos recibimos algunha vez ese abrazo que nos emocionou, q nos dixo sen palabras tantas cousas...sí... pois en días oscuros coma este quen non recorda un deses abrazos e os bota en falta... mais, como me dixeron unha vez, recordar o pasado só nos debe valer para mellorar o presente e o futuro... tereino en conta... así é todo, volvendo o tema, simplemente quero mandarvos internáuticos abrazos para todos!!!!!
1 Comentarios:
At 8:44 p. m., Paco Penas said…
E pensar que, cando eu era neno, naquela escola mixta de Dorvisou castigaronme por darlle abrazos as nenas, detras dos carballos...
¡Como cambiou o mundo, mecachis!
Publicar un comentario
<< Home