barulladas

viernes, noviembre 24, 2006

A taberna de Seixo


Ás veces penso como me gustaría poder ver por unha ventaniña cousas que nunca chegei a vivir, regresar a un pasado que para min só vive grazas as fotos, e polas palabras dos maiores. Encantaríame ver por un momento como era un inverno de 1968 na taberna do avó, persoa que nunca puden coñecer, e ó ver esta foto podo polo menos imaxinalo.
Imaxino un día de inverno, deses nos que o sol fai presenza, e aloumiña ós veciños paseando por camiños, as vacas pacendo no terreo grande, o Ney ladrandolle ó mico, a humidade da noite esbarando pola pedra das casas, as augas frías do regato de "Bajai", as follas caídas no chan, os couchos pola eira que aínda non se apañaron, as caixas de cervexa apiñadas diante da taberna, e o sorriso amable dun matrimonio detrás da barra..

14 Comentarios:

  • At 6:35 p. m., Blogger Checha said…

    Sei que o comentario non debería ir eiquí...jejejej...pero polo visto na foto de "as quimbambas" parece que traballas co meu colega Néstor (Néxtor para min dende ai anos)....así que xa sabes, mandalle un saúdo das miñas partes a ver s ete trata ben...jejje

     
  • At 6:02 p. m., Blogger Morta said…

    Segue facendo eses posts e terasme como lectora habitual

     
  • At 12:07 a. m., Blogger Mercedes Seixo said…

    Bueno Checha exactamente esa foto foi feita o 5 de agosto día no q fixemos o programa do Extrarradio en Boiro pq había unha serie de concertos onde actuaban os Dandy Fever q é o grupo onde toca Néstor, e íamos entrevistalos. Pero eu a Néstor coñezo pq coincidiu comigo nalgunhas clases da facultade pq tamén studia xornalismo. Dende ese día en Boiro non o volvín ver, pero q casualidade q o coñezas!!xa llo direi cando o vexa.saúdos

     
  • At 12:09 a. m., Blogger Mercedes Seixo said…

    E grazas morta, alégrome q che guste, intentarei ir facendo o mellor posible. pero aínda hai cousas relacionads cos enlaces e cousas así q non entendo moi ben como se poñen. veña un saúdo. creo q xa cho dixen pero noraboa pola páxina web da federación de loita está moi ben.

     
  • At 1:38 a. m., Blogger Paco Penas said…

    E que vivimos atrapados no presente. Iso de viaxar cara adiante ou atrás é cousa do xénero scientifiction.
    Un bico e ánimo co blog.

     
  • At 2:14 p. m., Blogger Mercedes Seixo said…

    Tes razón dorvisou, pero viaxar no tempo tería q ser ahostia, sobre todo cara atrás, porque o futuro é mellor que se vaia descubrindo pouco a pouco, se souperamos o q vai pasar xa non tería tanto mérito. un saúdooo

     
  • At 12:57 a. m., Blogger Checha said…

    hei! xa che dixen
    eu axudote co dos enlaces e poñer os textos en galego e mais...ok? enviame un meil e xa....veña!

     
  • At 10:32 p. m., Blogger Paco Penas said…

    Sempre recordo esa casa pechada cunha figueira moi grande ao lado, coido que as contras das ventás eran verdes ou algo así...Tamén me dixo hoxe un paxariño que os teus avós eran Xosé e Pilar. Pilar que nacera en Dorvisou...ou non?
    Bicos nena.

     
  • At 11:36 p. m., Blogger Mercedes Seixo said…

    Dorvisou, ese mesmo paxariño falou hoxe comigo nas Cruces e dixome q ti lle preguntaras por esa taberna..si meu avó era Xosé, Pilar (si ela era de Dorvisou) casou con meu avó despois de que el enviuvara de Maria a miña avoa, cando meu pai era ainda un cativo. polo tanto Pilar foi coma súa nai. Eu non chegei a coñecer a ningún. Pero esa taberna era en Duxame, onde els foron vivir. A casa aínda segue aí, o pé da carretera q vai pa cruces. Un saúdo e bikos

     
  • At 12:03 a. m., Blogger pepe penas said…

    A taberna de Seixo sei onde era; despois tivoa un tal Hixinio do Couto. Por certo eu coñecin un rapaz que estivo preparandose para o Seminario en Santiago; o seu apellido era Seixo e coido que tiña algo que ver cos donos da taberna.

     
  • At 3:57 p. m., Blogger Mercedes Seixo said…

    ola pepe, o tal hixinio tivo a taberna antes q meu avó. e ese home que coñeciches no seminario en santiago é meu tío pepe (josé seijo) alegrome q o coñezas. un saúdo

     
  • At 6:54 p. m., Blogger pepe penas said…

    Eu non estiven no seminario, o que ia para el era o teu tio; dende aquela perdera o rastro, pero no ano 1986 atopeino na Coruña; coido que tiña outro irmán, tamén o coñecía, ten que ser o teu pai. Tes toda razón Seixo tivo a taberna despois de Hixinio. Se tes agunha foto da escola de Duxame e queres mandarma por correo, quedariache agradecido. Atopei información de cando se fixo e quero dala a coñecer.
    xosepenARROBAyahho.es

     
  • At 10:21 a. m., Blogger pepe penas said…

    puxen mal o correo.

    xosepenARROBAyahoo.es

    cambia ARROBA por @

     
  • At 5:51 p. m., Blogger ULTRAVIOLETA said…

    Hola,y perdona que escriba en castellano(no se gallego).
    Hace muchos años viví durante tres en Duxame y nunca más he vuelto por allí.Ando buscando fotos de ese pueblo,porque tengo gratos recuerdos infantiles del tiempo que pasé allí.¿Qué me aconsejas que haga?
    Saludos desde Madrid,
    Lorenzo B.

     

Publicar un comentario

<< Home