barulladas

miércoles, diciembre 06, 2006

Isto de buscar no baúl dos recordos, traeme
cada día máis sorpresas, non lembraba esta
poesía que escribín para a revista do colegio, xa fai uns cuantos anos... pero alegreime atopar esta e outros contos... polo visto o meu amor pola terra xa vén de sempre. Pois vou deixar aquí esa poesía que lle adiquei as Cruces e que se publicara na revista, ten os seus fallos por suposto e recordame algo o himno que creo que fixera Neira Vilas.





A MIÑA TERRA
Terra de milenarios cruceiros,
terra de proveitosos labradíos,
terra de traballadores campesiños,
terra de silenciosos amoríos.
Comarca enxebre, mestura de inquedanzas,
comarca enfeitizada, rodeada por tres ríos:
Ulla, Arnego e Deza bañan estas terras
enriquecéndoas de vida e colorido.
Terra de emigrantes que choran por ela,
sentíndose orfos nunha terra allea,
choran lonxe, recordan historias vellas,
historias que a nai contaba preto da lareira.
Antigos pazos, señoriais casas de pedra,
hórreos cheos de millo, froito de bos colleitas.
Húmildes campesiños traballan e enchen a palleira
viven sen ruídos, descansan nas carballeiras.
Orballo da alborada caído nas devesas,
mañás frías e tardes nas raxeiras,
pequenas leiras ou inmensos piñeirais,
son diversas paixases destas miñas terras.
Brancos mantos ou cores amarelas,
árbores en flor ou xente na sega,
así van pasando os días, as xeiras,
ó longo do ano nestas miñas terras.
Dende o máis alto monte, o pico da Madanela,
dende o cal podes ver tódalas campeiras,
ata o encoro de Portodemouros, centos de eiras
verás, percorrendo as súas ancestrais aldeas.
Festas de ledicia, festas tradicionais,
todo o verán populares romarías
nunca han de faltar, tanto as Pedras
en Carbia como en Piloño as Marías.
As meigas enfeitizaron estas paisaxes,
cargadas de tradicións, cargadas de lendas,
ó son das gaitas cántalle a miña alma
e choraría por ela se lonxe tivera que estar.
Vinteoito parroquias son, cada cal coa súa igrexa,
compoñen esta Vila de Cruces, ¡berce meu!
compoñen esta fermosa terra.

1 Comentarios:

  • At 9:14 p. m., Blogger Paco Penas said…

    A poesía fai unha terra máis doce. E xa non falo dos humanos... só as bestas bravas rexeitan dela.

     

Publicar un comentario

<< Home