barulladas

lunes, octubre 08, 2007

Made in Galiza


Teño un ano e poucos días e cando escoito Clara presto atención. (...)

Nesta casa falan dunha forma moi estraña. A mamá, a papá e aos avós cando están comendo, por exemplo, escóitolles palabras como Sopa, Pásame o pan, Un pouco de sal ou Biscoito. Eu poño o oído e escoito e vou aprendendo. (...)

O problema é que de escoitar falara a mamá, papá e os avós eu xa sei polo menos cen palabras como Peido, Pis, A nena ten fame, Xa é de noite, Esta nena é moi tranquila e moi lista, Vai chover e cousas así. Eu escoito e gardo esas palabras para min e repítoas por dentro. Hai moitas palabras que escoito que aínda non comprendo como Quilómetro, Enciclopedia ou Empanada de xoubas.

O problema que teño é que, por exemplo, mamá cando fala de min con papá di A nena está esperta e de repente ven onda min e dime: Ay, mi niña, que ya despertó, ya despertastes, Clara? E eu sei que Clara son eu, mais aínda non sei por que me chama Mi niña se eu son A súa nena. Papá fai o mesmo, está falando coa avoa e di A nena debe de ter fame e vén e dime Clara, cosita, tienes hambre? E eu abro moito os ollos, intentando comprender que pasa aquí.

É unha situación estraña que se repite continuamente. Entre eles non, mais comigo cambian de forma de falar. (...)


Este texto está extraído do libro de relatos de Séchu Sende, Made in Galiza, na editorial Galaxia. É a miña recomendación se vos apetece ler, trátase de varios relatos orixinais e divertidos sobre a nosa lingua e a súa situación. Realmente interesante. A min encantoume!

Etiquetas:

3 Comentarios:

  • At 3:20 a. m., Blogger Dorvisou said…

    E un libro que nos axuda a reflexionar sobor da realidade da nosa lingua. Escrito con ironía, con humor,fantasía...un alegato en defensa do idioma.
    Coñeciño este verán na Solaina é paréceme unha persoa extraordinaria. Xa tiña escoitado falar moi ben del a uns cantos alumnos do instituto de Vila de Cruces. E cando os alumnos falan ben dun mestre, xa se sabe...
    Un bico, nena e actualiza o blog con máis frecuencia que nos tes abandonados.

     
  • At 11:05 p. m., Blogger O Neto do Veija said…

    Eu lino nadamáis saír xa que miña irmá era alumna sua e comprou un dos primeiros exemplares. Como ben dí "Dorvisou" trata cun humor medio negro, típico do noso país, a precaria situación da nosa lingua.
    Eu recomendaríao.

     
  • At 1:02 p. m., Blogger NinGhEn said…

    Pois eu rematei de lelo esta semana, e gustoume, de feito xa fixen unha lista (mental) coa xente á que llo vou emprestar. Por certo, continúa a dar clase nas Cruces??

    Un saúdo!!

     

Publicar un comentario

<< Home