barulladas

miércoles, mayo 23, 2007

IV Xuntanza da Muller Rural de Vila de Cruces


Xa logo chega a Festa do Galo de Curral... Este ano retrasasado polas eleccións municipais, celebrarase o 10 de xuño en vez do último domingo de maio coma viña sendo habitual... Pero o motivo do meu post non é falar desta festa, senón dunha Xuntanza que se fixo hai case un mes en Portodemouros, falo da IV Xuntanza da Muller Rural de Vila de Cruces. Unha xuntanza de tódalas asociacións de mulleres que existen no concello, unhas duascentas mulleres xuntas sen homes!!! (a excepción do cantante do dúo Nebraska, o pulpeiro, e o alcalde). Houbo concurso de postres e concurso de baile, ademáis (como non!) dun gran xantar... A organización correu a cargo da Asociación de mulleres rurais de Insua-Duxame-Portodemouros da que moi orgullosa formo parte. Aquí quedan as mostras das nosas propostas de postre (por unha parte o Galo de Curral e por outro o Topolino ou Mickey Mouse!)



Aquí a foto de tódalas mulleres participantes nos diferentes postres, podemos ver a orixinalidade e o traballo dalgunhas destas delicias...

A xornada deixounos bos momentos, aquí deixo unha pequena mostra do ben que o pasamos...



Comendo por exemplo.....porque con canta postre houbo a fartar!!!
Aínda que despois espelimolo ben co concurso de baile....

Tamén os máis cativos pasarano en grande....




Agora xa toca preparar a próxima gran festa.....estas mulleres xa están pensando nelo...porque o importante é pasalo ben!!!

Etiquetas: ,

3 Comentarios:

  • At 12:38 p. m., Blogger dorvisou said…

    Bueno, bueno... non sei que dicir.
    Alcaldesa non hai pero xa podíades invitar o grupo D´TACON e a unha pulpeira, que si hai e moi boas.
    A muller rural galega é a minha heroína. Tódalas palabras que se lle podan rendir son poucas.
    Aos vosos pes, de xoenllos...

     
  • At 10:21 a. m., Blogger Morta said…

    eiche ensinar unha foto dunha tarta que fixeron na miña casa, é unha tarta de chocolate cuns ratos de mazapan que parece que a está a comer, mois impatica

     
  • At 1:17 p. m., Blogger Mercedes Seixo said…

    jejje pois si xa ma ensinaras pq debe estar guay!!

     

Publicar un comentario

<< Home