A familia da avoa
Esta sí que é unha foto con historia... aquí podemos ver tres xeracións... esta era a familia de miña avoa Ramona (a primeira pola dereita), seus irmáns, seus pais, súa tía e seus avós... Dos retratados nesta fotografía só coñecín a ese rapaz máis novo de ollar triste, meu tío-avó Xosé quen emigrou a Bos Aires e volveu a Galicia pra pasar os seus últimos anos de vida.
Tenme mérito velos así tan arregladiños, debía ser un día de festa en Outeiro (Portodemouros), quizáis o San Ramón... os homes cos seus sombreiros e as súas garavatas... as mulleres cos seus mellores vestidos ou saias e con claveles na man... Despois irían á misa, ás bailar e a comer o Santo como manda a tradición... quizáis nunha desas bailas miña avoa coñeceu a meu avó...
O máis bonito é pensar que cada unha destas persoas que pra min parecen sacados dun libro ou dunha película antiga, semellando tan lonxanos o noso tempo, cadanseu conta cunha longa historia detrás pola que merecen ser recordados. Cada un deles fixo a súa vida, a maioría lonxe do pequeno Outeiro, onde algúns volveron e outros non... Pero todos partiron do mesmo lugar e percorrendo diferentes camiños escribiron a súa historia e no recordo pervivirán.
2 Comentarios:
At 10:53 p. m., pepe penas said…
Eu tamén teño unha foto de fai moitos anos.
Algunha desa xente tua poida que coñecera algunha da miña.Na URL de abaixo podela ver.
Unha aperta.
http://jmpen.100webspace.net/?p=915
At 3:50 p. m., Mercedes Seixo said…
Seguro q sí pepe, que nesta terra somos todos coñecidos e parentes, jeje. Encantame a túa páxina xa a teño visitado fai moito tempo e o último do cine Mary é xenial. noraboa. un saúdo
Publicar un comentario
<< Home