barulladas

lunes, marzo 19, 2007

Xa esta aí a primavera...


Sí non é un anuncio do Corte inglés, é que xa está aí a primavera, aínda que volva o frío... as árbores xa nos deixan estas imaxes...
Nesta yemeira (ou como se chame) de pequena cando chegaba este tempo subiame a ela, e sentada nas súas pólas poñíame a ler algún libro. Moi cerca estaba a nosa cabaña, unha de tantas que fixemos de nenos en Vilar, pero a última foi a mellor... toda rodeada de táboas de madeira e con ventanas, e incluso cortinas!!despois tiñamos a nosa barra, e unha mesa de ladrillos e táboas...libros, as nosas comidas... agora só queda o sitio dela, pero sempre que paso por alí recordo aquelas primaveras e aqueles veráns de calor debaixo das uralitas da nosa cabaña.

4 Comentarios:

  • At 11:42 p. m., Blogger pepe penas said…

    Eu non facía cabañas, pero subiame a todas as arbores que atopaba, canto mais altas estaban as polas, moito mellor..De cando en vez xa caia o chan antes de comezar a subir.

     
  • At 2:17 a. m., Blogger Paco Penas said…

    Mercedes,e non será que te estás facendo muller?jeje.
    Biquiños, nena.

     
  • At 5:32 p. m., Blogger Mercedes Seixo said…

    a verdade é que eu moi alto moi alto non subía..igual tiña medo de caer....

    jeje tes razón paco...cada día entendo mellor eso de.. que rápido pasa o tempo! parece un falar...pero ten tanto de certo.bikiños

     
  • At 8:10 p. m., Blogger a verdade por diante said…

    A min pareceme moi bonito o que escribes pero mira o pasado e da xente que vale a pena pero apura que _____CADA DIA QUE PASA E MAIS DICIL VOLVER O COMEZO______

     

Publicar un comentario

<< Home