A xente do Extrarradio
Que mellor época que o Nadal pra xuntar a toda esa xente q pasou e sigue pasando cada fin de semana polo Extrarradio. O lugar (o 16 -rúa de S.Pedro-) e a comida, un éxito, grazas á producción de Concha de la Fuente. Non faltou detalle: carne ó caldeiro, calamares na súa tinta, revolto de setas, polbo á feira, empanada....postres varios e por suposto, licor café.
Ademais dos colaboradores como Martin Pawley, Modesto del Río ou María Yáñez, os técnicos Xabier Facal e Ramiro, os presentadores Belén Regueira e Eduardo Herrero, a productora Concha de la Fuente (botouse en falta a ex-productora do Extrarradio Susana Casal), estaban todos eses becari@s que acolleu sempre tan ben o equipo do Extrarradio, dende Raquel Atanes ata os actuais Juan e Raquel Miranda, pasando polas Supernenas do Extrarradio durante o verán (Noa García, Leticia Miranda e eu mesma) e Gustavo Busto que se despediu o pasado domingo. Todo un equipo... pero sobre todo moi boa xente e auténticos profesionais.
A cea serviu para recordar grandes momentos do programa e grandes gafadas que tivemos todos... aínda que quizáis se leve a palma aquelo de "Porno para todos" jeje. Trala cea, noite santiaguesa... pero eso xa é outra historia...
4 Comentarios:
At 2:23 a. m., Paco Penas said…
Xa vexo que pawley vaíse apuntando a todas. Cando o vexas dille que non se esquenza que para o mes de Xullo ten que voltar a comelo polbo con cereixas en Piloño.E como non, a Dorvisou, Duxame...e tamén o levaremos a ver os nosos fermosos e apreciados encoros ¿non si? :-(
At 10:56 p. m., pepe penas said…
Fun veciño da Rúa de San Pedro e ainda me lembro do 16. Feliz Aninovo
At 3:48 p. m., Mercedes Seixo said…
Feliz aninovo a todos. gracias por visitar a miña páxina e deixar o teu comentario pepe. dorvisou haberá q traer o amigo pawley por estas terras pro vindeiro vrau. un saúdo
At 2:18 a. m., Martin Pawley said…
Ben que notei non ter empezado o verán do 2006 co xa tradicional polbo con cereixas en Piloño: a última vez que o comimos aínda mandaba Donmanuel (foi xusto na véspera do "primeiro round" das eleccións, como ben lembrará Paco). Hai que volver, hai que volver, a Piloño, a Duxame, e ao observatorio de Zarragrande se for preciso ;-)
Publicar un comentario
<< Home