barulladas

martes, abril 24, 2007

O Burro


Este é o noso Burro, sempre me pareceu curioso que nunca tivo un nome, simplemente era e é o Burro. Así como as vacas sempre se lle chamou dalgunha maneira, o burro non. O porqué non che sei... Por exemplo nomes de vacas que eu recorde foron: a rubia, a linda, a pinta, a careta, a jallarda, a toura, a loura, a teixa, a xovenca, a paloma... E de cans: pancho, fidalgo, trosky, laica, ney, chispa, toby, casquete... Supoño que o burro foi Burro porque só houbo un e non había que diferencialo. Non sei canto pode chegar a vivir un Burro, pero éste eche moi vello, vamos... eu recordoo de toda a vida. Sempre cargado coa herba ó lombo...e cunha mirada que semellaba triste...eso sí patear patea ben... Unha raza en extinción, un animal característico das nosas aldeas, e que me recorda moito a infancia... Un día pola costa que vai da casa do Barqueiro en Vilar ata Souto subimonos nun burro tres fedellos, non lembro canto tempo aguantamos alí enriba só sei co final rematamos os tres no chan...¡pobre burro! tempos aqueles...

Etiquetas: ,

9 Comentarios:

  • At 11:48 a. m., Blogger Checha said…

    É unha pena o dos Burros...uns animais tan belos que non reciben dariño algún...so tes que mirar a túa foto para darte conta do ben que podía estra o susodito no canto de coidalo coma un cabalo de raza, por exemplo...é normal que xurdan asociacións pola súa defensa...¡Animaliño!...
    UN bico, e disfruta do burro, que se seguimos así pronto será un animal moi raro...

    www.angrois.com

     
  • At 1:13 p. m., Blogger Mercedes Seixo said…

    Si asociacións como ANDREA que traballa aquí en Galicia, tes moita razón checha.

     
  • At 11:52 a. m., Blogger Paco Penas said…

    "Eu tamén son un burro... e agradezo que xurdan asociacións en defensa da nosa causa. A grande maioría dos homes parece que non teñen mamoria, xa non se acordan da nosa grande laboura nos agros galegos, no carretar das cousas...ou mesmo da dozura da minha mirada e melosa compaña."
    Bueno, bueno...eu sempre tiven moita estima deste animal. Lembro que cando morreu Franco viña eu coa burra do muíño dos Lareos, tiña eu uns doce anos e cando escoitamos a nova da boca dunha veciña, a burra pegou un orneo que tremou o coto da Madanela...
    Saúde e longa vida os burr@s.

     
  • At 11:56 a. m., Blogger Paco Penas said…

    ah, aquí che deixo un post meu que fala da burra de Paco Penas.
    http://dorvisou.blogia.com
    /2004/120701--center-a-burra-
    de-paco-penas-center-.php#comentarios

     
  • At 5:02 p. m., Blogger Mercedes Seixo said…

    Pa que despois digan que os burros non son listos...mira o teu como orneaba.Lín o teu post, grazas que xa podamos contar con algunha asociación que os defenda. bikiños

     
  • At 7:55 p. m., Blogger Morta said…

    Burro, curiosa palabra que pode servir para insultar o intelecto de alguén (és un burro!) ou ben para alabar o seu esforzo (traballas coma un burro) en calquera caso o motivo do meu comentario era dicir que eu tamén tiven un can chamado trosky e cando morreu, alá polo 87, sustituírono por un clon, si, debeu ser o primeiro clon da historia, e claro tamén o chamaron trosky, curioso que sendo meu avó alcalde polo PP, daquelas AP, lle chamara ao seu can co nome dun comunista. Por certo, tes un blog cojonudo segue así

     
  • At 2:24 p. m., Blogger Mercedes Seixo said…

    jeje,sí curioso o do can de teu avó, trosky é nome típoico de can non sei o porque aínda que suppoño que haberá algunha razón é todo..grazas. noraboa a ti por miolos de fume e como xa che comentei polo teu monólogo.

     
  • At 8:40 p. m., Blogger NURIA said…

    HOLA ME LLAMO NURIA, VIVO EN PORRIÑO, UN PUEBLO EN LA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, Y HACE POCO TIEMPO LE REGALE A MI MARIDO UN BURRO, ES LISTISIMO, Y SE LLEVA MUY BIEN CON EL RESTO DE LOS ANIMALES QUE TENEMOS EN LA FINCA, PERROS, GATO, PATOS, OCAS, Y LA MAYORIA RECOGIDOS, LA VERDAD NUESTRA CASA EMPIEZA A PARECER UN CASA DE ACOGIDA, PERO SON TODOS TAN CARIÑOSOS Y AGRADECIDOS, CUANDO LLEGO LE ENSEÑAMOS SU NUEVA CASA, LA FINCA Y SU CUADRA, Y AL DIA SIGUIENTE ESTABA FUERA Y CUANDO EMPEZO A LLOVER SE FUE EL SOLO CORRIENDO PARA LA CUADRA, POR CIERTO TIENE 12 AÑOS, Y PUEDE VIVIR HASTA 40 AÑOS, LA VERDAD ES CASI COMO UN PERRO, TE SIGUE A TODAS PARTES, Y LE ENCANTA SALIR DE PASEO DETRAS DE TI POR EL MONTE, INCLUSO CUANDO VIENEN NIÑOS PEQUEÑOS A CASA, SE LOS SUBIMOS Y NI SE INMUTA, AL GATO QUE SE VA A METER CON EL POR QUE ES PEQUEÑO Y MUY JUGETON, SIMPLEMENTE LO HUELE Y LO EMPUJA CON EL MORRO, SE REBOZA EN EL SUELO, Y CUANDO ESTA LA CANCELA QUE COMUNICA CON LA CASA, SE VIENE PARA LA ENTRADA Y SE SIENTA DONDE ESTEMOS NOSOTROS, A MI AL PRINCIPIO ME DABA UN POCO DE RESPETO, POR AQUELLO QUE ES UN ANIMAL MUY FALSO, PERO COMO EN TODAS LAS RAZAS HAY DE TODO, UN SALUDO, Y NO OLVIDEIS QUE ESTA EN PELIGRO DE EXTINCION Y NO NECESARIAMENTE Y UNICAMENTE SIRVE PARA TRABAJAR, PARA NOSOTROS ES UNA MASCOTA MAS EN LA FINCA, Y AL IGUAL QUE UN PERRO O UN GATO TE LO COMPENSA CON SU CARIÑO, UN SALUDO A TODOS

     
  • At 7:17 p. m., Blogger Mercedes Seixo said…

    dGrazas Nuria, que bonita historia e que ben que teñas un burro que xa hai poucos, grazas pola visita o meu blog. un saúdo

     

Publicar un comentario

<< Home