barulladas

miércoles, junio 20, 2007

Cara a fin do mundo...


Todos comezamos algunha vez unha viaxe, unha viaxe chea de ilusións, de expectativas, de soños...unha viaxe cun fin...unha viaxe na que rimos, choramos, saltamos, tirámonos, descansamos, gozamos, vivimos...Pero ó fin e ó cabo sempre coa ilusión de ser felices. As viaxes sempre nos deixan bos recordos, momentos inesquecibles que alguén pideu que sucederan para que xamáis escapen da nosa memoria, momentos para "gardar no corazón ca dor do irrepetible", eses recordos son os que van conformando unha viaxe...unha viaxe que non quero que remate, unha viaxe cara a fin do mundo...

6 Comentarios:

  • At 11:53 p. m., Blogger pepe penas said…

    A nosa vida e unha longa viaxe...canto mais novos mais nos gusta viaxar...a xuventude curase coa vellez; e a vellez non debia de ter cura; a que ten non me gusta nin un chisco...

     
  • At 12:07 a. m., Blogger NinGhEn said…

    Son dos que pensa que a vellez e a xuventude non teñen que ver co paso do tempo, é o caracter de cada un o que o fai maior ou máis novo! Teño amigos da miña idade que asemellan anciáns pola pouca ilusión que teñen pola vida, o outros maiores que son coma raparigos deseosos de facer cousas...

    Por certo Mercedes, unha foto preciosa!!

     
  • At 10:22 a. m., Blogger Morta said…

    E eu que acabo de chegar de viaxe, jeje. A verdade é que non hai cousa mellor para aprender e medrar coma persoa que viaxar e coñecer mundo.

     
  • At 8:13 p. m., Blogger a verdade por diante said…

    espero que sepas a viaxe que escolles mira o teu interior

     
  • At 2:57 a. m., Blogger dorvisou said…

    O teu silenzo xa escomenza a ser preocupante :-)
    Un bico con sol.

     
  • At 5:20 p. m., Blogger Mercedes Seixo said…

    PACO PRONTO RETOMAREI O BLOG PERO E QUE NON TEÑO ORDENADOR COMIGO...SO O DO TRABALLO...PERO TEÑO MOITAS COUSAS QUE CONTAR DESTE MARAVILLOSO VERÁN. MOITOS BIKOS

     

Publicar un comentario

<< Home