barulladas

miércoles, octubre 24, 2007

Ruinas




Casas, aldeas, lugares, vidas asulagadas....As ruinas doutro tempo deixanse ver no encoro de Portodemouros coma sacadas dalgún filme. O forno, as paredes, os marcos das portas...distinguense perfectamente coma se non se notase o paso dos anos. O baixo que está o pantano, pola pouca auga que caeu estes meses, permite pasear polas vellas corredoiras e entrar nas casas que a finais dos anos 60 quedaron baixo a auga do encoro. Moitos emigraron e a outros moitos obrigáronlles a emigrar... e o peor a perder os muros que eles mesmos ou os seus devanceiros levantaran. Agora só quedan aí, baixo a auga durante a maior parte do ano, para que calquera de nós as descubra. Unha visita que merece a pena.

8 Comentarios:

  • At 10:51 a. m., Blogger Meris said…

    A verdade e que ímpresiona a vista. Estiven en Brocos fai un par de semanas e mirando o lonxe vianse os muros das casas vellas.

     
  • At 1:19 p. m., Blogger Mercedes Seixo said…

    Sí pois se volves aconselloche que te achegues ata alí, porque está moi ben. Un bikiño

     
  • At 5:51 p. m., Blogger Tania said…

    ai q muller.....ti percorres o mundo na procura de imaxes tan sorprendentes como estas....por eso e polo boiña q me eres tes ben merecido un traballo de reporteira en condicións....ji..pos nas un bikiño miña nena e haber cando nos vemos q me andas desaparecida.....BESIÑO

     
  • At 7:01 p. m., Blogger Mercedes Seixo said…

    Graciñas tania!!xa nos vemos pronto e tomámoslle algo, bikos

     
  • At 10:48 p. m., Blogger Alfredo Blanco said…

    Bonitas fotos!
    Na zona de Agra e Val, na Balsiña máis concretamente (non sei se vos orientades)cando a auga está baixa afloran á superficie as ruinas de antigos muíños ao longo do que era o río, é unha paisaxe preciosa tamén.

     
  • At 1:57 a. m., Blogger Paco Penas said…

    Aínda así, as túas sensacións pouco terán que ver coa nostalxia e impotencia que poden sentir os que, noutros tempos, viviron alí.
    Nunca cheguei a ollar esas estampas, espero que no vindeiro verán sexa posible.
    Ah, por certo, agora non sei nada da túa andaina radiofónica, xa teño ganas de saber onde pillarte.
    Un bico, minha nena.

     
  • At 6:50 p. m., Blogger busto.agolada said…

    As fotos son presiosas, as ruínas das casas tamén falan da traxedia do abandono e a pena que deberon sentir as familias.
    Vexo que compartimos territorio, no meu blog hai bastantes referncias ao encoro de Portodemouros e de Brocos e da Balsiña.
    Saúdos. Xa te teño visitado nalgunha ocasión, hoxe déixoche o comentario.

     
  • At 10:57 p. m., Blogger Chousa da Alcandra said…

    Si, é impresionante. E se falas coas xentes que viviron o "traslado" mentras ves esas imaxes, pode atisbarse a dureza dos momentos vividos.
    Eu coñezo máis a fondo o caso de Portomarín (que tamén amosa unha imaxe semellante estes días), pero seguriño que é ben parecido.

    Foi un pracer visitar o teu blog. Unha aperta.

     

Publicar un comentario

<< Home