barulladas

miércoles, abril 11, 2007

Feliz cumpreanos Papá!!


Quen merece máis ca el dun pequeno oco na rede no día do seu 66 cumpreanos. Por ser un verdadeiro traballador, por dicir sen palabras todo o que unha necesita saber, por mostrar sempre un apoio, e por ser meu pai.


"Corría o ano 1974. Tras regresar de Francia, onde él traballou nun lugar preto de París, chamado Poissy, naquelas condicións que só os emigrantes coñecen, Ramón volvía a Galicia. E foi naquel ano, cando tralas duras batallas sufridas lonxe da casa, e despois de todo o traballado e por suposto aforrado, chegou a Compostela e comezou a carreira máis longa da súa vida, a de taxista. Con esa "Licencia Municipal de Auto-taxi nº 44", da que fora propietario anteriormente un tal Marcelino Vazquez Bello (segundo di o documento expedido dende o "Excm. Ayuntamiento de Santiago de Compostela a fecha de 17 de mayo de 1974"), Ramón fixo milleiros e milleiros de Kilómetros (chegando nunha viaxe ata Suíza). Dous anos máis tarde casaba con Celsa, miña nai, na Igrexa Parroquial de Santo Tomé de Insua (Vila de Cruces) de onde os dous eran naturais... ó resto da historia foi facéndoa o amor."


O da foto é un de tantos coches que foron taxis nº 44, penso que este é un 504, pero igual alguén que entenda máis pódeme correxir. O que descrubín con esta foto é que os taxis en Santiago antigamente eran negros! cando na actualidade son brancos... unha curiosidade...

7 Comentarios:

  • At 11:42 a. m., Blogger Checha said…

    A ver se atopo unha foto do meu avó, tamén taxista, ainda que na Vila de Ordes...Oes Merche, temos que mirar ese blog, que seguro te pasaron ao novo Blogger e aparecen erros...

     
  • At 12:53 p. m., Blogger Paco Penas said…

    Coido que cheguei a velos taxis negros cunha franxa amarela nas portas...a maioria eran seat 1500, ese da foto parece un seat 1430...pero tampouco me fagas moito caso, de coches nin muuuuu.
    Noraboa ao teu pai e non deixes de disfrutar da súa compaña.
    Bicos, nena.

     
  • At 3:39 p. m., Blogger Mercedes Seixo said…

    Pois sí igual é un seat 1430, a verdade é que eu tampouco entendo moito.
    Xa falaremos logo do blog checha,a ver q ten.
    Un bikiño ós dous

     
  • At 12:59 a. m., Blogger Ninsesabe said…

    Sí, eu penso que ten razón Dorvisou (¡sempre ten razón!): creo que é un Seat 1430.O 124 non era tan cuadradiño por diante, nos faros, así que debe ser un 1430.

     
  • At 12:03 a. m., Blogger pepe penas said…

    No da marca do coche coido que acerta Dorvisou. De Ramón ainda me lembro, e do seu irmán Pepe, e do seu pai, e da su anai. Dalle unha aperta e cumpra moitos anos mais.

     
  • At 8:00 p. m., Blogger Mercedes Seixo said…

    Grazas pepe será dada a aperta da túa parte!!bikiños

     
  • At 8:02 p. m., Blogger O que tira a pedra e esconde a man said…

    Pois si señor e un Seat 1430, conocese pola dianteira que leva dous faros cuadrados a cada lado e o que aparece detras e un 124 dos Primeiros que levaban un faro redondo a cada lado....Que tempiños aqueles...E eso que eu non os vivín....Moi emotivo o homenaxe o teu Pai Merche!

     

Publicar un comentario

<< Home