barulladas

sábado, mayo 12, 2007

A Fraga de Catasós


Hai poucos lugares en Galicia que estén catalogados pola Xunta como Monumentos Naturais, poir moi preto de nós, no Concello de Lalín podemos visitar a Fraga de Catasós, tamén coñecida como a Carballeira de Quiroga.

Na parroquia de Santiago de Catasós descubrín estes carballos e castiñeiros considerados dos máis altos de Europa. Chegan a superar os 30 metros de altura e os 5 metros de diámetro, e as súas raíces contan con centos de anos de vida...unha marabilla natural.

Na mesma Fraga atopamos un pequeno regato, no que polo seu transcorrer existen dous muíños de auga, e seguindo o camiño chegamos o Pazo de Quiroga, casa señorial onde a escritora Emilia Pardo Bazán inspirouse para escribir a súa novela "Los Pazos de Ulloa".

Ben seguro que a escritora se achegaría aquela carballeira, naqueles tempos propiedade do pazo, e sentada baixo as inmensas árbores escribía escoitando o cantar dos paxaros...un lugar que inspira, un lugar para perderse e respirar naturaleza.

Etiquetas: ,

4 Comentarios:

  • At 12:28 p. m., Blogger Morta said…

    Interesante, non coñecía a importancia dese lugar, terei que facerlle una visita.

    Un detalle, e non penses que son un pijolas, quitalle o de poñer a data a cámara que so serve para estropear as fotos ademais se vas facer revelado dixital normalmente poñen no anverso da foto o nome do arquivo e a data na que foi creado. todos os arquivos teñen esa informacion asociada polo que a funcion de poñer a data que teñen algunhas cámaras o unico que fai é estropear a foto, é unha opinión.

     
  • At 1:33 p. m., Blogger Mercedes Seixo said…

    si si tes toda a razón, o q pasa e que a cámara non era miña e non sei quitarlle a data unha vez a tendo a foto no meu ordenador, grazas pola opinión!
    e unha cousa non dou visto a páxina de miolos de fume sempre que a abro pon fallos técnicos non sei se é culpa miña ou da páxina.
    veña un saúdo

     
  • At 11:06 a. m., Blogger Morta said…

    Culpa miña, cometin un pequeno erro montando a web de www.carretillasteam.com e cargueime a de miolosdefume pero agora xa esta en funcionamento. Grazas polo teu interese.

     
  • At 9:51 a. m., Blogger Meris said…

    Pois si que é bonito o sitio, estiven ahi este sábado e vale a pena visitalo. Recomendable para toda a xente q lle guste a natureza. Ademais está moi ben coidado.

     

Publicar un comentario

<< Home