barulladas

miércoles, mayo 23, 2007

IV Xuntanza da Muller Rural de Vila de Cruces


Xa logo chega a Festa do Galo de Curral... Este ano retrasasado polas eleccións municipais, celebrarase o 10 de xuño en vez do último domingo de maio coma viña sendo habitual... Pero o motivo do meu post non é falar desta festa, senón dunha Xuntanza que se fixo hai case un mes en Portodemouros, falo da IV Xuntanza da Muller Rural de Vila de Cruces. Unha xuntanza de tódalas asociacións de mulleres que existen no concello, unhas duascentas mulleres xuntas sen homes!!! (a excepción do cantante do dúo Nebraska, o pulpeiro, e o alcalde). Houbo concurso de postres e concurso de baile, ademáis (como non!) dun gran xantar... A organización correu a cargo da Asociación de mulleres rurais de Insua-Duxame-Portodemouros da que moi orgullosa formo parte. Aquí quedan as mostras das nosas propostas de postre (por unha parte o Galo de Curral e por outro o Topolino ou Mickey Mouse!)



Aquí a foto de tódalas mulleres participantes nos diferentes postres, podemos ver a orixinalidade e o traballo dalgunhas destas delicias...

A xornada deixounos bos momentos, aquí deixo unha pequena mostra do ben que o pasamos...



Comendo por exemplo.....porque con canta postre houbo a fartar!!!
Aínda que despois espelimolo ben co concurso de baile....

Tamén os máis cativos pasarano en grande....




Agora xa toca preparar a próxima gran festa.....estas mulleres xa están pensando nelo...porque o importante é pasalo ben!!!

Etiquetas: ,

sábado, mayo 12, 2007

A Fraga de Catasós


Hai poucos lugares en Galicia que estén catalogados pola Xunta como Monumentos Naturais, poir moi preto de nós, no Concello de Lalín podemos visitar a Fraga de Catasós, tamén coñecida como a Carballeira de Quiroga.

Na parroquia de Santiago de Catasós descubrín estes carballos e castiñeiros considerados dos máis altos de Europa. Chegan a superar os 30 metros de altura e os 5 metros de diámetro, e as súas raíces contan con centos de anos de vida...unha marabilla natural.

Na mesma Fraga atopamos un pequeno regato, no que polo seu transcorrer existen dous muíños de auga, e seguindo o camiño chegamos o Pazo de Quiroga, casa señorial onde a escritora Emilia Pardo Bazán inspirouse para escribir a súa novela "Los Pazos de Ulloa".

Ben seguro que a escritora se achegaría aquela carballeira, naqueles tempos propiedade do pazo, e sentada baixo as inmensas árbores escribía escoitando o cantar dos paxaros...un lugar que inspira, un lugar para perderse e respirar naturaleza.

Etiquetas: ,