barulladas

miércoles, junio 20, 2007

Cara a fin do mundo...


Todos comezamos algunha vez unha viaxe, unha viaxe chea de ilusións, de expectativas, de soños...unha viaxe cun fin...unha viaxe na que rimos, choramos, saltamos, tirámonos, descansamos, gozamos, vivimos...Pero ó fin e ó cabo sempre coa ilusión de ser felices. As viaxes sempre nos deixan bos recordos, momentos inesquecibles que alguén pideu que sucederan para que xamáis escapen da nosa memoria, momentos para "gardar no corazón ca dor do irrepetible", eses recordos son os que van conformando unha viaxe...unha viaxe que non quero que remate, unha viaxe cara a fin do mundo...

lunes, junio 18, 2007

Afillada


Cada día está máis guapa...e a min caeseme máis a baba...e máis cando me din que se parece a madriña...

Etiquetas: