barulladas

viernes, noviembre 24, 2006

A taberna de Seixo


Ás veces penso como me gustaría poder ver por unha ventaniña cousas que nunca chegei a vivir, regresar a un pasado que para min só vive grazas as fotos, e polas palabras dos maiores. Encantaríame ver por un momento como era un inverno de 1968 na taberna do avó, persoa que nunca puden coñecer, e ó ver esta foto podo polo menos imaxinalo.
Imaxino un día de inverno, deses nos que o sol fai presenza, e aloumiña ós veciños paseando por camiños, as vacas pacendo no terreo grande, o Ney ladrandolle ó mico, a humidade da noite esbarando pola pedra das casas, as augas frías do regato de "Bajai", as follas caídas no chan, os couchos pola eira que aínda non se apañaron, as caixas de cervexa apiñadas diante da taberna, e o sorriso amable dun matrimonio detrás da barra..

jueves, noviembre 16, 2006

ABRAZOS...


Abrazos gratis! eso é o que fai en Barcelona, e en máis cidades repartidas por todo o mundo, unha especie de asociación na que persoas voluntarias se adican a pasear pola calle regalando abrazos a xente q os quere.. en fin.. .. a verdade é q a iniciativa é bonita.. pero di tanto da triste realidade... faltos de afecto... a xente agradece o abrazo dun completo descoñecido...
Está claro que unha boa aperta alegra a calquera, pero máis cando vén da persoa que queremos. Supoño q todos recibimos algunha vez ese abrazo que nos emocionou, q nos dixo sen palabras tantas cousas...sí... pois en días oscuros coma este quen non recorda un deses abrazos e os bota en falta... mais, como me dixeron unha vez, recordar o pasado só nos debe valer para mellorar o presente e o futuro... tereino en conta... así é todo, volvendo o tema, simplemente quero mandarvos internáuticos abrazos para todos!!!!!

sábado, noviembre 11, 2006

Do "Extrarradio" ás "Quimbambas"

Case podería asegurar que durante 4 anos de carreira non aprendín tanto, nin vivín tanto o que significa a profesión de xornalista como o fixen este vrau pasado traballando no "Extrarradio" (programa dos fins de semana da Radio Galega), a experiencia foi xenial e a xente ca que me atopei tamén, debería agradecerlles todos esos días de traballo na radio, así como as nosas saídas co programa a diferentes sitios de Galicia: Caldas, Boiro, Porriño... e Viveiro(jeje esa foi a mellor ¡esa romaría do Naseiro!). A miña despedida do "Extrarradio" foi o 30 de setembro.. pero agora polas maravillosas voltas que da ás veces a vida regreso con máis gañas que nunca a Radio Galega, e para facer todo o mellor que poida o meu traballo, múdome o programa das tardes "As Quimbambas" e con moita ilusión comezo este ano de traballo, coa ilusión de aprender moitísimo máis e coñecer a fondo o espectacular mundo da radio... porque este medio ten algo especial...sí...estou convencida. A radio chega a nós alá onde estemos e sempre temos esa compañía misteriosa, esa cálida voz de alguén que máis lonxe ou máis preto de nós esta desexando que a escoitemos...
Próximo destino RADIO GALEGA, parada "AS QUIMBAMBAS":

As Quimbambas é o magazine que nos acompaña cada tarde na Radio Galega. A nosa meta é a de ser a mellor compaña, un punto de referencia para o entretemento, a diversión e a información. Un tempo de radio no que todo ten cabida, desde as entrevistas a persoeiros de actualidade até os faladoiros.
Na nosa vocación de ser tamén un servizo público temos seccións semanais para temas de interese xeral coma os maiores, a saúde, o consumo ou as fraudes. Estamos sempre á última para falarlles dos espectáculos teatrais, do cine e da música que andan por Galicia. Da imaxinación do noso equipo pode xurdir calquera cousa, desde o humor até un divertido concurso. Con estes ingredientes e moitos máis estamos cada tarde acompañándoos na Radio Galega de luns a venres entre as cinco e as oito.
Susana Rois conduce o magazine.

lunes, noviembre 06, 2006

O MAGOSTO EN DUXAME


"Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto"
A verdade é que os galegos somos festeiros onde os haxa, porque sempre temos escusa pra facer unha festa. Este venres, en Duxame, tiven a oportunidade de vivir unha desas festas que non se perden e que teñen algo de lembranza de vellos tempos e de unión entre os veciños, digo esto polo significado que ten en sí o magosto e que buscando pola rede atopei..contovos:
"O magosto trátase dunha comida comunitaria e ritual que reforza os vencellos comunitarios do mundo rural galego; ten un carácter alegre e de acción de gracias polos froitos recolleitos, así coma de homenaxe ós castiñeiros e as castañas (certo é porque pra xuntar en Duxame a máis de 120 persoas pa cear e comer castañas.. e o de carácter alegre, pra iso só fixo falta escoitar o dúo "Patxi e cia"jeje). Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos. Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio. Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos." (Interesante, non sí?)