Rally de Carretillas (Vila de Cruces)
Se a I edición do Rally de Carretillas en Vila de Cruces foi todo un espectáculo, preparémonos pro Rally do 2007.
Os asistentes a esa primeira edición, celebrada o 5 de agosto do pasado ano, poidemos comprobar o gran éxito que supuxo superando tódalas expectativas de participación e de público. De feito poucas veces vin tanta xente camiñando polas rúas de Cruces ou concentrada na praza antes do inicio das probas vendo as carretillas tuneadas. A rúa principal estaba ateigada de xente fervorosa por ver os participantes subir a costa do pavillón, na que foi a primeira proba do rally, e que demostrou a velocidade dos "vehículos" e as mañas dos seus pilotos. A segunda foi a proba de habilidade no prado, onde realmente os participantes tiveron que mostrar a súa valía para superar diversos obstáculos, acabando máis de un polo chan. Finalmente a terceira, foi a última e definitiva proba, que nos deixou coñecer o nome dos gañadores. Ésta consistiu nunha disputada carreira pola rúa Vázquez no que o equipo formado por Moncho García e César Vila logrou a primeira posición.
O I Rally de Carretillas en Vila de Cruces deixounos a todos moi bo sabor de boca, algo que sen dúbida hai que agradecer a organización do mesmo (Javier Pampín, Xesús Alén, Alfredo Blanco, Félix Rodríguez e Ignacio Chorén foron os patróns que levaron o timón do buque). Ademáis de asistir a unha competición sen precedentes, vimos a orixinalidade das cerca de 20 carretillas tuneadas e dos seus pilotos e escuderías. Agora só queda prepararnos para a próxima edición que de seguron non defraudará, xa comeza a conta atrás...
P.D. Explicación da foto: fotografía realizada e arranxada por Rocío Sánchez Penas (fotógrafa profesional), está claro que as pintas que levo non son de ensaio de proba carretilleira máis ben estabamos preparando a cea un sábado pola noite e tocoume ir por leña... se eu chegara a participar neste rally jejej xa podían tremer todos que a escudería Mercedes está claro que é a mellor!! Veña dende aquí animo a todos a participar!
7 Comentarios:
At 2:41 a. m., NinGhEn said…
Boas Merche! Aledome de que che gustase a primeira edición desta singular competición. Estate preparada para participar o próximo ano, se non como competidora, que de seguro o farias moi ben, como reporteira oficial da proba!! Ós que se nos ocorreu a idea( que non está moi claro quen foi) pensamos nunha maneira orixinal de pasalo ben, e de xuntar á xente, algo que cada vez é máis difícil nas vilas!
O ano que ven viremos cargados de novidades que de seguro nos van facer rir a todos!
Un saúdo
JaViEr dOs vIñOs
At 1:50 p. m., Mercedes Seixo said…
Estou segura que nos habedes sorprender nesta segunda edición como xa o fixestes na primeira!moito ánimo e sorte pa que todo volva a sair tan ben!un saúdo e xa me pasei polo teu blog,esta moi ben. un saúdo
At 3:27 p. m., Checha said…
Parece que este 2007 non vai ter festas nas cruces, ainda que si 10º Aniversario da Tropa, II Rali de Carretillas e 25º Aniversario do Cactus....a ver se te animas e levas un carretillo...
E xa que Rocio é xa fotografa, dille que ten que montar unha web cos seus traballos, que é algo curioso e ke estámoi ben...
Veña!
At 8:59 p. m., Paco Penas said…
Mercedes non esquenzas das máis elementais normas de seguridade como é un casco de proteción se te pos a compitir con eses dous...tamén non estaría demais facer un control de alcolemia antes de escomenzar o xogo.
¡Non vaia ser o demo...!
Do que fala Cheche de que non vai haber festas nas Cruces non é nada novo...máis si vos xuntades os tres e catro máis xa hai festa rachada
¡Divina xuventude...mi madriña!
At 1:33 p. m., Mercedes Seixo said…
Unha pena q coa xente que hai en cruces non haxa festas, mentras que nas parroquias máis pequenas si q hai, pero weno como ganas de festa hai xa se arma seguro que algo. O do casco é imprescindible no rally eso seguro!jeje e o control de alcoholemia tampouco sería mala idea jeje, seguro que máis dun daba positivo... bikiños pa toodos
At 11:49 a. m., pepe penas said…
E unha magoa que non fagan a festa da Piedade...lembro os tempos nos que se facína duas : as de Riba e as de Baixo...separadas cincoenta metros unha da outra...musica ata que era dia..era cousa de tolos...¡pero que festas!..¡que tres dias de marcha!..
At 7:59 p. m., Mercedes Seixo said…
Desas festas teñenme falado meus pais, seika ia un bus recoller a xente das aldeas e todo. era moita a xente que se chegaba a xuntar e volvían de día pra casa. esperemos que finalmente si qe haxa festas. un saúdo
Publicar un comentario
<< Home