A fervenza do río Toxa
A natureza deixanos estas imaxes en lugares tan cercanos a nós que ás veces sorprendome de tantas maravillas que temos ó lado da casa e que nin apreciamos. O sábado visitei en boa compaña este idílico lugar, a fervenza do río Toxa, parece aquel sitio na que os protagonistas dunha famosa peli se bañaban espidos.. un paraíso cercano.
O río Toxa é un afluente do Deza, a súa vez afluente do noso Ulla, e este lugar está no corazón da comarca dezá, entre os concellos de Vila de Cruces e Silleda. Neste punto o Toxa cae nunha fervenza de 30 metros de altura, considerada a de maior altura de Galicia, e achegandote a ela xa notas esa continuo orballo na cara, é impresionante, á vez que escoitas ese rumor da auga correndo polas pedras pulidas polo tempo. A paraxe que a rodea é un zona chea de carballos, sobreiras, xestas, toxos...en fin natureza en estado puro...Unha ruta de sendeirismo comeza neste lugar e pasando pola Carixa, en Merza, remata no Mosteiro de Carboeiro, unha xoia do románico que garda o espírito misterioso doutros tempos..
Un lugar pra visitar, recoméndovolo.
6 Comentarios:
At 8:04 p. m., Checha said…
A xente das Cruces ten por costume, dende hai un tempo, pasarse polas cataratas e por carboeiro e meterse unhas boas caminatas...é de agreadecer que a xente use a Web para dar a coñecer cousas tan preciosas coma estas...
Aledame que acudises en boa compañía, e máis se é quen imaxino....
As fervenzas e tal, que lle pregunten aos turistas que van a Casa Goris, que o meu sogro ten por costume aconsellalas (www.casagoris.es)...perdoa pola publicidade..jejeje..Un bico!
At 6:28 p. m., Mercedes Seixo said…
jeje..está ben a publicidade..que a xente coñeza as casas rurais tan bonitas que hai na zona. O da compañía...fijo que imaxinas ben...jejje...veña bikiños
At 1:56 a. m., Paco Penas said…
Para ir a estes paraxes agradecese moito as boas compañias. Para ir acompañados de calquera xa chegan os coches da feira, jeje.
Eu pérdome por aí sempre que podo e moitas veces só, que tamén é un xeito de facer turismo. En canto a percibir a beleza na propia eira, tes moita razón. Eu deime conta destas cousas cando as perdin de vista.
Un bico e no próximo post a ver se nos contas algo máis da compañia, que das fervenzas xa o sabemos todo :-)
At 4:55 p. m., paideleo said…
Eu fixen ese percorrido hai una anos e encantoume a fervenza e a camiñada.
Estiven vendo as fotos antigas que tés e gustáronme.
Un saúdo.
At 7:56 p. m., Mercedes Seixo said…
jeje... dorvisou moitas felicidades e que sean moitos máis a cumplir!
grazas paideleo espero publicar moitas máis desas fotos e que vos gusten. un bikiño e grazas por pasarte por barulladas.
At 12:10 a. m., pepe penas said…
Estiven alí unha vez, comín a beira do rio e logo visita a Carboeiro...todo moi fermoso
Publicar un comentario
<< Home