A fervenza do río Toxa
A natureza deixanos estas imaxes en lugares tan cercanos a nós que ás veces sorprendome de tantas maravillas que temos ó lado da casa e que nin apreciamos. O sábado visitei en boa compaña este idílico lugar, a fervenza do río Toxa, parece aquel sitio na que os protagonistas dunha famosa peli se bañaban espidos.. un paraíso cercano.
O río Toxa é un afluente do Deza, a súa vez afluente do noso Ulla, e este lugar está no corazón da comarca dezá, entre os concellos de Vila de Cruces e Silleda. Neste punto o Toxa cae nunha fervenza de 30 metros de altura, considerada a de maior altura de Galicia, e achegandote a ela xa notas esa continuo orballo na cara, é impresionante, á vez que escoitas ese rumor da auga correndo polas pedras pulidas polo tempo. A paraxe que a rodea é un zona chea de carballos, sobreiras, xestas, toxos...en fin natureza en estado puro...Unha ruta de sendeirismo comeza neste lugar e pasando pola Carixa, en Merza, remata no Mosteiro de Carboeiro, unha xoia do románico que garda o espírito misterioso doutros tempos..
Un lugar pra visitar, recoméndovolo.