O Burro
Este é o noso Burro, sempre me pareceu curioso que nunca tivo un nome, simplemente era e é o Burro. Así como as vacas sempre se lle chamou dalgunha maneira, o burro non. O porqué non che sei... Por exemplo nomes de vacas que eu recorde foron: a rubia, a linda, a pinta, a careta, a jallarda, a toura, a loura, a teixa, a xovenca, a paloma... E de cans: pancho, fidalgo, trosky, laica, ney, chispa, toby, casquete... Supoño que o burro foi Burro porque só houbo un e non había que diferencialo. Non sei canto pode chegar a vivir un Burro, pero éste eche moi vello, vamos... eu recordoo de toda a vida. Sempre cargado coa herba ó lombo...e cunha mirada que semellaba triste...eso sí patear patea ben... Unha raza en extinción, un animal característico das nosas aldeas, e que me recorda moito a infancia... Un día pola costa que vai da casa do Barqueiro en Vilar ata Souto subimonos nun burro tres fedellos, non lembro canto tempo aguantamos alí enriba só sei co final rematamos os tres no chan...¡pobre burro! tempos aqueles...
Etiquetas: lembranzas, vila de cruces