A taberna de Seixo
Ás veces penso como me gustaría poder ver por unha ventaniña cousas que nunca chegei a vivir, regresar a un pasado que para min só vive grazas as fotos, e polas palabras dos maiores. Encantaríame ver por un momento como era un inverno de 1968 na taberna do avó, persoa que nunca puden coñecer, e ó ver esta foto podo polo menos imaxinalo.
Imaxino un día de inverno, deses nos que o sol fai presenza, e aloumiña ós veciños paseando por camiños, as vacas pacendo no terreo grande, o Ney ladrandolle ó mico, a humidade da noite esbarando pola pedra das casas, as augas frías do regato de "Bajai", as follas caídas no chan, os couchos pola eira que aínda non se apañaron, as caixas de cervexa apiñadas diante da taberna, e o sorriso amable dun matrimonio detrás da barra..