A xente do Extrarradio
Que mellor época que o Nadal pra xuntar a toda esa xente q pasou e sigue pasando cada fin de semana polo Extrarradio. O lugar (o 16 -rúa de S.Pedro-) e a comida, un éxito, grazas á producción de Concha de la Fuente. Non faltou detalle: carne ó caldeiro, calamares na súa tinta, revolto de setas, polbo á feira, empanada....postres varios e por suposto, licor café.
Ademais dos colaboradores como Martin Pawley, Modesto del Río ou María Yáñez, os técnicos Xabier Facal e Ramiro, os presentadores Belén Regueira e Eduardo Herrero, a productora Concha de la Fuente (botouse en falta a ex-productora do Extrarradio Susana Casal), estaban todos eses becari@s que acolleu sempre tan ben o equipo do Extrarradio, dende Raquel Atanes ata os actuais Juan e Raquel Miranda, pasando polas Supernenas do Extrarradio durante o verán (Noa García, Leticia Miranda e eu mesma) e Gustavo Busto que se despediu o pasado domingo. Todo un equipo... pero sobre todo moi boa xente e auténticos profesionais.
A cea serviu para recordar grandes momentos do programa e grandes gafadas que tivemos todos... aínda que quizáis se leve a palma aquelo de "Porno para todos" jeje. Trala cea, noite santiaguesa... pero eso xa é outra historia...